mércores, 30 de outubro de 2019

EN GALEGO ATÉ DESPOIS DA MORTE


O CEMITERIO DE PARADA É O ÚNICO
 QUE TEN TODAS AS LÁPIDAS EN GALEGO

XA DICÍA :
 Ramón Cabanillas
Galicia

¡Galicia! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lonxe; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
....
¡Todo prá nosa Galicia,
fror de todal-as virtudes;
prá sedenta de xusticia,
ferida de escravitudes!

Namentras a sangre vibre
en beizos e corazón...
¡a espranza de véla libre
e este berro: Redención ¡

¡Xuremos! "Dereito ou torto,
sin máis alcuño ni-achego,
doente ou sán, vivo ou morto,
gallego...¡soio gallego!"


Ningún comentario:

Publicar un comentario