venres, 29 de xaneiro de 2021

30 de xaneiro de 2021 .135 anos do nacemento de Castelao.






 

Día da Ilustración 2021

 O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño.

Quen foi está muller?

luns, 18 de xaneiro de 2021

O Centro Ramón Piñeiro edita unha exhaustiva guía da prosa galega medieval

 Segundo o CIRP, "é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños)". O manual permite acceder a información e bibliografía sobre a prosa de ficción, co ciclo artúrico, carolinxio ou clásico, á prosa historiográfica, xurídica, haxiográfica ou técnica e vén acompañada de numerosas ilustracións dos manuscritos. O libro pódese descargar de balde na libraría web da Xunta. 

  Máis información.  

LIGAZÓN PARA DESCARGAR A GUÍA







domingo, 10 de xaneiro de 2021

Doar palabras .

 DOA é un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos. Desde o Instituto da Lingua Galega levan décadas promovendo, por múltiples vías, a recolleita e difusión do inmenso patrimonio léxico de Galiza, sempre apelando ao saber e complicidade dos seus donos e donas, os galegofalantes.



DOA

xoves, 7 de xaneiro de 2021

7 de xaneiro de 1950

 Tal día coma hoxe, o 7 de xaneiro de 1950, finaba en Buenos Aires Castelao. “Dicir o seu nome é dicir Galiza, ou viceversa”, retratou Antón Villar Ponte na resposta ao seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (1934).