domingo, 6 de decembro de 2020

FUNDACIÓN DO PARTIDO GALEGUISTA.6 DE DECEMBRO DE 1931

 

 


Partido Galeguista (histórico) - Wikipedia, a enciclopedia libre
 

 O 6 de decembro de 1931 fúndase o Partido Galeguista. Na VII Asemblea Nacionalista celebrada durante o 5 e 6 de decembro no salón de festas do Hotel Madrid de Pontevedra acórdase a creación dun partido político que aglutinase o galeguismo. Constitúese deste xeito o Partido Galeguista e disolvéndose as Irmandades da Fala e defínense o modelo organizativo e os principais obxectivos. Nesta histórica asemblea de constitución acórdase reclamar por vez primeira na historia de Galiza o dereito de autodeterminación e márcase como primeiro obxectivo político do partido a redacción dun Estatuto de Autonomía. Alexandre Bóveda sería nomeado Secretario de Organización e Castelao e Otero Pedrayo formarán parte do Consello Executivo. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra. A Federación de Mocedades Galeguistas, sección xuvenil do Partido Galeguista, fúndase en xaneiro de 1934 contando con 1.000 afiliados. Formarán parte do PG toda unha xeración de nacionalistas que fixo posible a consecución do Estatuto de Autonomía de 1936. O 25 de xaneiro de 1936 aprobouse o ingreso do Partido Galeguista na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais de 1936 con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte. Despois do golpe de estado do 36 o réxime fascista poñería o punto de mira nos membros do Partido Galeguista sendo asasinados moitos dos seus membros. Outros desde o exilio seguirán a súa liña chegando a constituír en outubro de 1944 o Consello de Galiza.


 

Unha lingua de estrelas: a RAG aproba a nome normalizado en galego das 88 constelacións.

https://praza.gal/storage/uploads/er-serpentario-534e5a9-2c66413.jpeg 

NOTICIA   LISTAXE

sábado, 5 de decembro de 2020

5 de decembro de 1918.


O 5 de decembro de 1918 A Nosa Terra reproduce enteiro o texto do manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo celebrada os días 17 e 18 de novembro de 1918 no teatro Lugo-Salón. 




O manifesto constitúe a transición entre o concepto de Galiza como rexión e o movemento que se autodefine como nacionalista. O manifesto asinado en Lugo polos representantes das Irmandades da Fala incluirá por vez primeira no seu texto o termo Soberanía. Os acordos adoptados na asemblea de Lugo definen a Galiza como nazonalidade, reivindican a súa autonomía cunha carga moi importante de competencias, fan unha proposta federal ou mesmo confederal para a Península Ibérica, defenden a cooficialidade de galego e castelán e propugnarán unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país. Ademais este manifesto propón unha democracia representativa moderna, daquela non existente en ningún país europeo: voto para a muller, representación proporcional, limpeza no sufraxio ou a erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais e os concellos rurais.


O REXURDIMENTO DE AVELINA VALLADARES


                                                     A néboa envolve a Casa Grande de Vilancosta na parroquia estradense de Berres. O fogar da familia Valladares garda as pegadas da enigmática figura de Avelina Valladares, unha creadora fundamental do Rexurdimento galego da que aínda pouco sabemos. Quen foi Avelina Valladares? Por que non existe ningunha foto dela? Como rachou coas normas sociais establecidas? Cal era o seu compromiso coa lingua e o pobo galego? Percorremos Vilancosta ata que a néboa marcha da Casa Grande e o sol queda iluminando a historia da poeta da Ulla. Este é o Rexurdimendo de Avelina Valladares.

A creación dun premio de álbum ilustrado co nome de Alberte Quiñoi.

 

Convocaráse a súa primeira edición en 2021 . Levará o nome de Alberte Quiñoi .  Ademais,María Rei recibe o Premio de Novela nun acto pechado polo Covid.

 José López, María Rei, Francisco Castro e Carlos Loureiro (secretario do xurado), onte, na entrega do García Barros. |   // BERNABÉ / JAVIER LALÍN 

A CREACIÓN DUN PREMIO DE ALBÚM ILUSTRADO

JOYCE E O IDIOMA PARADOXAL

  

JOYCE E O IDIOMA PARADOXAL