domingo, 26 de xaneiro de 2020

UN DISCO CHEGO DE LINGUA E LIBERDADE.DARDOS,PRIMEIRO DISCO,DE MOITOS QUE HABERÁ DE XOANA

     
                                                                 
                               
                                  Dardos xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas. Son os prexuízos e a ignorancia os que limitan un idioma, e é ben sabido o sufrimento que estes lle causaron ó longo dos anos á cultura de Galiza; de aí o meu empeño en demostrar a súa valía a través deste disco.(VERBAS DE XOANA)
         
                        LETRA DE ALFAIA.CANCIÓN DEDICADA A NOSA LINGUA-

QUE AFORTUNADAS/OS SOMOS CON ESTES AGASALLOS!!! UN NOVO VÍDEO DO LGx15!!

           MOITOS PARABÉNS,XOANA ! 

           Expoño a miña experiencia como galegofalante, castelanfalante e a miña volta ó galego como primeira lingua; ademais, comparto a miña visión sobre a música galega antes e despois de introducirme nela, así como os meus obxectivos musicais. Outros puntos que trato son os prexuízos lingüísticos, moi ligados á autoestima do pobo galego, e a implicación da mocidade á hora de crear cultura.( VERBAS DE XOANA)

                          DISCO DARDO DE XOANA:LIBERDADE,LINGUA E REIVINDICACIÓNS
 
    

sábado, 18 de xaneiro de 2020

"Abrir un tempo novo para tomar a palabra… o profesorado toma iniciativas para avanzarmos no reforzo positivo e medrarmos aliadas na lingua"

                  Tarde d'O ensino en galego e o galego no ensino coa participación de docentes que levaron adiante experiencias en diferente ámbitos do ensino, o 25 de xaneiro no IES As Fontiñas.
                                                                   
                           O ENSINO EN GALEGO,  O GALEGO NO ENSINO

domingo, 12 de xaneiro de 2020

" AS VARIEDADES DA LINGUA SON A NOSA RIQUEZA" Laura Pardeiro Álvarez, autora de 'Leiras e Marcos'.

                    Fermosa iniciativa de Laura,para dar a coñecer as variedades lingüísticas da súa terra,os Ancares. Laura realiza con moito apego e esforzo un traballo de recuperación das nosas variedades.
Na súa páxina LEIRAS E MARCOS,ela déixanos a todas e todos un legado moi importante para as futuras xeracións,porque SEN AS VARIEDADES ,PERDERÍANOS UNHA DAS MÁIS IMPORTANTES  RIQUEZA,QUE TEN A NOSA LINGUA.

                                Foto de Leiras e Marcos.ENTREVISTA A LAURA

mércores, 8 de xaneiro de 2020

BÚSCANSE DOANTES DE LINGUA

 

SI,ESTAMOS EN XANEIRO.TES NOVOS PROPÓSITOS? E ENTRE ELES ESTÁ O DE ORGANIZARSE? POIS XA SABES,AQUÍ TES A SOLUCIÓN!!!

  Chega Xaneiro e todas e todos queremos aproveitar o ano o máximo posíbel.As e os expertas/os din que a clave é a organización,pois xa sabemos todas e todos temos que ORGANIZARNOS. E COMO? ,POIS VELAQUÍ A SOLUCIÓN DA MAN DO EDL, EN ESPECIAL DE:  ALBA LORENZO, RICARDO SANTOS E MARTA SINDE  DE 3º ESO E  XABIER CAMBA. 
               
                 VELAQUÍ A LIGAZÓN PARA IMPRIMILOS E CUMPRIR OS TEUS PROPÓSITOS

venres, 3 de xaneiro de 2020

REIVINDICACIÓN A APPLE

É moi importante que o noso idioma este en todos os ámbitos e nos Apple tamén,por favor firmade polo ben do noso idioma e de todas as persoas que esten interesadas e interesados,nel.AQUÍ PODES ASINAR ESTÁ REIVINDICACIÓN

mércores, 1 de xaneiro de 2020

2/02/2020 DÍA HISTÓRICO:NÓS DIARIO,XA ESTÁ AQUÍ!!

                                                          QUE É O NÓS DIARIO?


ARTIGO DE OPINIÓN SOBRE O ANO 2020

          COMENZAR O ANO CON BOAS NOVAS,SEMPRE É BO SINAL.HOXE É UN DÍA HISTÓRICO PARA A LINGUA,CULTURA ,XORNALISMO E PARA TODAS E TODOS NÓS. HOXE E PARA SEMPRE PODEREMOS LER TODOS OS DÍAS UN XORNAL EN GALEGO,UN SOÑO FEITO REALIDADE .NÓS DIARIO,AQUÍ ESTÁS!!!

MOITAS GRAZAS, A TODAS AS PERSOAS QUE LOITARON POR FACER UN SOÑO UNHA REALIDADE.

   MIL PRIMAVERAS MÁIS,NÓS DIARIO!!!