domingo, 26 de abril de 2020

HOXE FAI 174 ANOS DOS FUSILAMENTOS DOS MÁRTIRES DE CARRAL

                 QUERES SABER QUE FORON OS FUSILAMENTOS DOS  MÁRTIRES DE CARRAL?

  POIS,ESTATE ANTENTA E ATENTO A ESTE VÍDEO.

sábado, 18 de abril de 2020

Velaquí están os CALENDARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE!!!🙂

   Aínda que estamos nunha situación complicada,seguimos aprendendo e por iso,seguimos co noso calendario .

  Non só é un calendario, senón un mundo cheo de refráns,datas sinaladas ,persoeiros  e MOITO MÁIS.Por exemplo:Sabes quen foi a primeira muller en ir a universidade? nos calendarios atoparás a resposta.
               
 Estes calendarios foron realizados ao longo do curso ,polo profesor Xabier Camba Sanmartín coa colaboraron das e dos alumnos e alumnas de 3 ° da Eso e 1 ° de Bacharelato.

                                                         ANÍMATE   APRENDER ‼️

                        DESCARGA E IMPRIME O CALENDARIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

xoves, 5 de marzo de 2020

Morra o conto,vídeo da Banda da Loba con colaboracións de numerosas artistas galegas co motivo do 8 de marzo


Parabéns a A Banda da Loba e a todas as demais por esta marabilla!
💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜


A banda da Loba:
Con motivo de animar á xente a saír á rúa o 8M, A banda da Loba saca este vídeo de "Morra o conto", tema incluído no seu segundo cd "Fábrica de luz", no que están acompañadas por oito artistas representativas de gran parte dos estilos musicais que se fan en Galicia: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw.

Amizade, sororidade e música en sentido universal!

Escachemos os espellos
rachemos as ataduras
unamos as voces
coma se fósemos UNHA.

Que MORRA O CONTO!
Asaltemos as rúas!

martes, 3 de marzo de 2020

XA TEMOS A NOSA DISPOSICIÓN O ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA FOLLAS NOVAS,CON MOITAS NOVIDADES ROSALIANAS!

                                           
                          DESEÑO DE ROSA DE CABANAS

                                       PARA VER  A REVISTA