Segundo o CIRP, "é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños)". O manual permite acceder a información e bibliografía sobre a prosa de ficción, co ciclo artúrico, carolinxio ou clásico, á prosa historiográfica, xurídica, haxiográfica ou técnica e vén acompañada de numerosas ilustracións dos manuscritos. O libro pódese descargar de balde na libraría web da Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario