venres, 27 de novembro de 2020
(Des)aprender o Galego
Como se viviu e que repercusións tivo na vida das persoas a educación na ditadura? Unha breve disertación sobre o uso da lingua a partir de diferentes experiencias no ámbito rural.
LGx15 2020
LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.
domingo, 22 de novembro de 2020
25 N: AS MULLERES DO PORVIR
Lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quere homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.
sábado, 21 de novembro de 2020
sábado, 14 de novembro de 2020
ENTREGA DOS PREMIOS SAN MARTIÑO
O teatro Principal da Estrada acolleu onte a entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística, nun acto a porta pechada. A finais de outubro dábanse a coñecer os gañadores desta edición, a Asociación Cultural Vagalumes e a agrupación musical A Banda da Loba.. Na súa intervención, a representante de Vagalumes no escenario reivindicou que o Concello da Estrada aposte máis pola normalización lingüística e apuntou ao proxecto a concurso coas bases en castelán.